Marketplace COVID-19 GALICIA é a plataforma á que podes incorporar as túas ofertas e demandas de suministros de Equipos de Protección Individual EPI's e outros equipamentos necesarios na crise do Coronavirus.

As ofertas poderán inserirse segundo tres criterios diferenciados: ben por capacidade de fabricación en Galicia (1), ben por capacidade de suministro de stock (2) ou ben por adquisición rápida por parte da industria galega (3).

As demandas urxentes de suministros e equipamentos, poderán ser formuladas tanto por organismos públicos como por entidades privadas.​

O acceso a información do Marketplace está aberto.

Mediante o sistema de rexistro, a plataforma permitirá acceso aos datos de contacto, de xeito que se poda establecer relación directa entre ofertantes e demandantes.

A información do Marketplace baséase nas declaracións de cada unha das entidades/empresas que remitiron as súas ofertas.

Se ben adicamos os nosos esforzos para contrastar cada declaración, a Xunta de Galicia non se fai responsable da súa exactitude ou veracidade.​

Introduce a túa oferta/demanda