Unha vez finalizado o período de alarma, as empresas que prestan servizos cara ao público (comercio, hostalería, oficinas de atención e outros) deberán dotarse de novos equipamentos de seguridade e saúde para continuar a súa actividade.

Conscientes desto, vimos de crear no "Marketplace Covid19 Galicia" unha nova sección relativa a este tipo de produtos denominada solucións para locais comerciais, onde se poderán atopar pantallas de protección, kits de sinalética, dispensadores de produtos de desinfección, tratamento de aire acondicionado e outros relacionados. Terán especial relevancia tamén as solucións dixitais relacionadas, como poden ser aplicacións orientadas ao mantemento da distancia social ou automatización da cadea de subministro entre outras. 

As empresas industriais que necesiten reorientar a súa produción cara a este tipo de produtos dispoñen das axudas á reorganización produtiva do IGAPE entre outros apoios públicos que a Xunta ven de publicar.

 Ver ofertas na nova categoría.