Adaptamos a nosa liña de fabricación de sastrería para crear material sanitario en colaboración co SERGAS para contribuír na loita contra o Covid-19.
En primeiro lugar, en canto á fabricación de batas sanitarias, de acordo co protocolo establecido, recóllese a materia prima na institución sanitaria e leva ás instalacións de STL, onde se creou e dixitalizou un patrón específico que inmediatamente pasa ao proceso de corte e logo á liña de produción de sastrería, que se adaptou especificamente para este fin.
Unha vez que está concluído o proceso de fabricación, reenvíase ao Sergas o pedido co fin de que se poida esterilizar o material, proceso indispensable antes do seu envío aos centros sanitarios.
STL abriu tamén unha segunda liña de actividade: a confeción de máscaras para que sexan utilizadas na industria alimentaria, un dos sectores cunha gran demanda nos últimos días e con moita necesidade de material deste tipo, pero con menores esixencias sanitarias.
O volume de produción e as características dos pedidos iranse planificando día a día, en función das necesidades dos servizos sanitarios.
Revisa as normas de uso da plataforma
Batas sanitarias e mascarillas para uso alimentario
Batas sanitarias e mascarillas para uso alimentario
Ofrecemento
29/03/2020 23:08
Sociedad Textil Lonia, S.A.
EPIs
Rexístrate
Para publicar anuncios ou para consultar os datos dos anunciantes, debes completar o rexistro